1. Comment t´es-tu organisée pour réaliser cette tâche?
Para poder realizar as actividades comecei por indagar como se dicen en francés as palabras que precisaba, deste xeito, unha vez que tivera a información, só me quedaba buscar as fotos e ir probando as diferentes posibilidades que ofrece o programa. Neste aspecto foi rápido, xa que me foi bastante sinxelo a causa de que se podía poñer calquera información.
Pola contra, para facer o portfolio organiceime fatal, deixeino para o final e fun a trancas e barrancas.
2. As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?
Si que tiven dificultades, principalmente á hora de realizar o portfolio, agobieime un montón e non era capaz de facer como tiña pensado, ademais non era capaz de insertar o glog :( , e iso que xa empregara antes este recurso.
3. Qu´est-ce que tu as appris grâce à cette tâche?
Mediante esta tarefa aprendín, ou recordei como se dicen algunhas palabras en francés, intentando pronuncialas o mellor que puiden, así como a fuchicar nos programas que empregamos.
4. Quel est ton avis général sur la tâche?
A miña opinión acerca da materia é que seguramente aprenderei un montón, pero que me custará horrores e que terei que traballar moitísimo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario