miércoles, 19 de febrero de 2014

Mon film préférer

       

          Esta película francesa estreada no ano 2001 encántame realmente!! Polo que esta é a razón de que á persoa que describín se chame así.
          Amelie é unha rapaza francesa que debido á súa familia e ao ambiente que a rodea, prefire botar a voar a súa imaxinación, polo menos mentras vive na casa xunto con seu pai. Un home con conductas extrañas e antisociais.
          Ela goza con pequenas cousas, como meter a man en sacos con legumes, adiviñar cantas persoas estarán tendo un orgasmo ou tirar pedras á canle Saint Martin.


          É unha película moi diferente ás americanas, que soe ser ao que se está acostumada, pero polo menos a min deixame con moi boa sensación. para todas aquelas persoas que non a viran recomendolla encarecidamente! :D Deixovos aquí a ligazón do trailer!



No hay comentarios:

Publicar un comentario