martes, 25 de marzo de 2014

25/03

           Hoxe foi a primeira clase b con Carlos, gústoume moito a dinámica da clase, pareceume divertida e aprendín novas palabras dun xeito ameno e práctico! j`adore

lunes, 24 de marzo de 2014

Tâche 4: Une super soirée à La Rochelle

1.Comment t’es-tu organisée pour réaliser cette tâche? 
     En primeiro lugar busquei un grupo, Rita Caldelas, Noemi Fariñas e Sara Rodríguez. Tras ter decidido o lugar de destino, buscamos restaurante e hotel, busquei a roupa que quería levar, fixen a descripción e por último realicei a parte oral, a da roupa de Noemi.

2. As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?
     Coma normalmente, as dificultades que atopei foron de pronunciación, dado que o manexo do programa xa me é familiar. 

3.Qu’est-ce que tu as appris grâce à cette tâche?
     Para esta tarefa, aprendín bastante vocabulario, referente ás comidas e á roupa, así como a realizar unha descripción das vestimentas.

4. Quel est ton avis général su la tâche?
     Esta tarefa foi moi entretida porque aprendemos moito vocabulario, como xa é a cuarta, e xa coñezo a metodoloxía e a dinámica, resúltame máis sinxelo facelas, polo que me parecen máis fáciles.

domingo, 23 de marzo de 2014

martes, 11 de marzo de 2014

Tâche 3. Un petit chez soi.

Deixovos a tâche 3, que realicei con Raquel, Carlos e Andrea.
1.Comment t’es-tu organisée pour réaliser cette tâche?
          En primeiro lugar busquei un grupo de traballo, unha das condicións que se puxeron inicialmente era que o lugar tiver mar perto e que se fixera surf. En primeiro momento buscamos por Francia, pero démonos conta de que o surf naceu na Polinesia, polo que mudamos o noso destino. Unha vez tiñamos isto, creouse un evento. As persoas que o integramos somos Carlos Alves, Raquel Covelo, Andrea Montenegro e eu.
2.As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?
          Tivemos algunhas dificultades para atopar vivenda, xa que eran moi custosas. Unha vez a atopamos, xurdiu un novo problema, que ao tratar de ver no mapa o rueiro de Teahupoo, o lugar onde está situada a nosa casa, non había, é dicir, só aparecen as estradas principais, polo que a nosa casa non aparece, só na visión aérea. Aquí foi bastante doado atopar a casa, dado que é octogonal, e non é moi común.
3.Qu’est-ce que tu as appris grâce à cette tâche?
          Con esta tarefa aprendín a manexarme mellor co prezi, que xa o usara antes, que a Polinesia Francesa está formada po varias illas, sendo a máis famosa de todas Bora Bora e por último novas palabras que se refiren á casa e algo de pronunciación.
4.Quel est ton avis général sur la tâche? 
          Paréceme que esta actividade é moi interesante xa que a través dela desenvólvense varias competecias, as que máis dixital e lingüística, ademais, aprendemos que o francés fálase en máis lugares dos que pensabamos.