1.Comment
t’es-tu organisée pour réaliser cette tâche?
En primeiro lugar busquei un grupo de traballo, unha das condicións que se puxeron inicialmente era que o lugar tiver mar perto e que se fixera surf. En primeiro momento buscamos por Francia, pero démonos conta de que o surf naceu na Polinesia, polo que mudamos o noso destino. Unha vez tiñamos isto, creouse un evento. As persoas que o integramos somos Carlos Alves, Raquel Covelo, Andrea Montenegro e eu.
2.As-tu
éprouvé des difficultés? Lesquelles?
Tivemos algunhas dificultades para atopar vivenda, xa que eran moi custosas. Unha vez a atopamos, xurdiu un novo problema, que ao tratar de ver no mapa o rueiro de Teahupoo, o lugar onde está situada a nosa casa, non había, é dicir, só aparecen as estradas principais, polo que a nosa casa non aparece, só na visión aérea. Aquí foi bastante doado atopar a casa, dado que é octogonal, e non é moi común.
3.Qu’est-ce
que tu as appris grâce à cette tâche?
Con esta tarefa aprendín a manexarme mellor co prezi, que xa o usara antes, que a Polinesia Francesa está formada po varias illas, sendo a máis famosa de todas Bora Bora e por último novas palabras que se refiren á casa e algo de pronunciación.
4.Quel
est ton avis général sur la tâche?
Paréceme que esta actividade é moi interesante xa que a través dela desenvólvense varias competecias, as que máis dixital e lingüística, ademais, aprendemos que o francés fálase en máis lugares dos que pensabamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario