1.Comment t’es-tu organisée pour réaliser cette tâche?
En primeiro lugar busquei un grupo, Rita Caldelas, Noemi Fariñas e Sara Rodríguez. Tras ter decidido o lugar de destino, buscamos restaurante e hotel, busquei a roupa que quería levar, fixen a descripción e por último realicei a parte oral, a da roupa de Noemi.
2. As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?
Coma normalmente, as dificultades que atopei foron de pronunciación, dado que o manexo do programa xa me é familiar.
3.Qu’est-ce que tu as appris grâce à cette tâche?
Para esta tarefa, aprendín bastante vocabulario, referente ás comidas e á roupa, así como a realizar unha descripción das vestimentas.
4. Quel est ton avis général su la tâche?
Esta tarefa foi moi entretida porque aprendemos moito vocabulario, como xa é a cuarta, e xa coñezo a metodoloxía e a dinámica, resúltame máis sinxelo facelas, polo que me parecen máis fáciles.
lunes, 24 de marzo de 2014
domingo, 23 de marzo de 2014
viernes, 21 de marzo de 2014
martes, 11 de marzo de 2014
Tâche 3. Un petit chez soi.
1.Comment
t’es-tu organisée pour réaliser cette tâche?
En primeiro lugar busquei un grupo de traballo, unha das condicións que se puxeron inicialmente era que o lugar tiver mar perto e que se fixera surf. En primeiro momento buscamos por Francia, pero démonos conta de que o surf naceu na Polinesia, polo que mudamos o noso destino. Unha vez tiñamos isto, creouse un evento. As persoas que o integramos somos Carlos Alves, Raquel Covelo, Andrea Montenegro e eu.
2.As-tu
éprouvé des difficultés? Lesquelles?
Tivemos algunhas dificultades para atopar vivenda, xa que eran moi custosas. Unha vez a atopamos, xurdiu un novo problema, que ao tratar de ver no mapa o rueiro de Teahupoo, o lugar onde está situada a nosa casa, non había, é dicir, só aparecen as estradas principais, polo que a nosa casa non aparece, só na visión aérea. Aquí foi bastante doado atopar a casa, dado que é octogonal, e non é moi común.
3.Qu’est-ce
que tu as appris grâce à cette tâche?
Con esta tarefa aprendín a manexarme mellor co prezi, que xa o usara antes, que a Polinesia Francesa está formada po varias illas, sendo a máis famosa de todas Bora Bora e por último novas palabras que se refiren á casa e algo de pronunciación.
4.Quel
est ton avis général sur la tâche?
Paréceme que esta actividade é moi interesante xa que a través dela desenvólvense varias competecias, as que máis dixital e lingüística, ademais, aprendemos que o francés fálase en máis lugares dos que pensabamos.
domingo, 23 de febrero de 2014
Mónica chega á Terra!
Tras un mes de clase, xa estou ubicada na materia, máis vale tarde que nunca. :D
A primeira Tâche resultoume moi complicada, a segunda menos, quizais porque foi en parellas, e dá algo máis de seguridade.
Hoxe foi a presentación da tâche trois, "Un petit chez soi" a min pareceume xenial a idea e teño moitas ganas de comezar a traballar co grupo acerca dos contidos, aprender cousas novas á vez que gozamos buscando decoración e vivenda.
miércoles, 19 de febrero de 2014
Mon film préférer
Esta película francesa estreada no ano 2001 encántame realmente!! Polo que esta é a razón de que á persoa que describín se chame así.
Amelie é unha rapaza francesa que debido á súa familia e ao ambiente que a rodea, prefire botar a voar a súa imaxinación, polo menos mentras vive na casa xunto con seu pai. Un home con conductas extrañas e antisociais.
Ela goza con pequenas cousas, como meter a man en sacos con legumes, adiviñar cantas persoas estarán tendo un orgasmo ou tirar pedras á canle Saint Martin.
É unha película moi diferente ás americanas, que soe ser ao que se está acostumada, pero polo menos a min deixame con moi boa sensación. para todas aquelas persoas que non a viran recomendolla encarecidamente! :D Deixovos aquí a ligazón do trailer!
domingo, 16 de febrero de 2014
Tâche 2: Le portrait d´un inconnu
Aquí vos deixo a tâche 2, que fixen xunto co meu compañeiro Carlos Alves.
Comment t´es- tu organisèe pour réaliser cette
tâche?
En
primeiro lugar, busquei unha persoa coa que facer a actividade, logo,
pensei en unha persoa, non moi corrente e mesmo algo caricaturesca,
xa que me parecía que para a persoa que tivera que debuxar, se era
unha persoa real, podía ser máis complicado.
As-tu
éprouvé des difficultés? Lesquelles?
As
maiores dificultades foron, por unha banda, a pronunciación xa que
polo feito de non ser para min molesteime en que estivese
medianamente aceptable, fixen o que puiden, espero que non saia moi
perxudicado. E por outra, el fixo unha persoa famosa, e supúxome
moita presión, xa que se non se recoñece, o traballo non está ben.
Qu´est-ce
que tu as appris grâce à cette tâche?
Grazas
a esta tarefa aprendín moitas palabas novas, e a describir algo,
aínda que creo que me queda moito por aprender, xa que a descripción
é moi simple.
Quel est ton avis général sur la tâche?
Esta actividade está moi ben para aprender vocabulario novo, para seguir practicando pronunciación e para traballar en equipo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)