jueves, 8 de mayo de 2014

Tâche 5. Couse d'orientation.

1. Comment t'es-tu organisée pour réaliser cette tâche?
      En primeiro lugar busquei grupo, Yoli, Iago e Alba. Tras ter feito o percorrido realizamos o prezi cos correspondentes audios.
2. As-tu éprové des dificultés? Lesquelquelles?
      Na realización da tâche atopeime coa dificultade de que a pesares de que entendía o que poñía nas instruccións do percorrido, non sabía moi ben por onde tiñamos que ir.
3. Qu'est-ce que tu as appris grâce à cette tâche?
      Grazas a esta  tarefa aprendín novo vocabulario relacionado cos establecementos, con diferentes partes da vila ou da cidade así como dar e comprender indicacións para a guía. Así mesmo aprendín a facer pequenas descripcións de lugares.
4. Quel est ton avis général sur la tâche?
      A miña visión xeral sobre a tâche é que é, eu creo, das máis útiles cando se realiza unha viaxe, xa que son termos básicos para poder desenvolverse con un pouco de soltura nun país francófono.

À BIENTÔT :)

martes, 25 de marzo de 2014

25/03

           Hoxe foi a primeira clase b con Carlos, gústoume moito a dinámica da clase, pareceume divertida e aprendín novas palabras dun xeito ameno e práctico! j`adore

lunes, 24 de marzo de 2014

Tâche 4: Une super soirée à La Rochelle

1.Comment t’es-tu organisée pour réaliser cette tâche? 
     En primeiro lugar busquei un grupo, Rita Caldelas, Noemi Fariñas e Sara Rodríguez. Tras ter decidido o lugar de destino, buscamos restaurante e hotel, busquei a roupa que quería levar, fixen a descripción e por último realicei a parte oral, a da roupa de Noemi.

2. As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?
     Coma normalmente, as dificultades que atopei foron de pronunciación, dado que o manexo do programa xa me é familiar. 

3.Qu’est-ce que tu as appris grâce à cette tâche?
     Para esta tarefa, aprendín bastante vocabulario, referente ás comidas e á roupa, así como a realizar unha descripción das vestimentas.

4. Quel est ton avis général su la tâche?
     Esta tarefa foi moi entretida porque aprendemos moito vocabulario, como xa é a cuarta, e xa coñezo a metodoloxía e a dinámica, resúltame máis sinxelo facelas, polo que me parecen máis fáciles.

domingo, 23 de marzo de 2014

martes, 11 de marzo de 2014

Tâche 3. Un petit chez soi.

Deixovos a tâche 3, que realicei con Raquel, Carlos e Andrea.
1.Comment t’es-tu organisée pour réaliser cette tâche?
          En primeiro lugar busquei un grupo de traballo, unha das condicións que se puxeron inicialmente era que o lugar tiver mar perto e que se fixera surf. En primeiro momento buscamos por Francia, pero démonos conta de que o surf naceu na Polinesia, polo que mudamos o noso destino. Unha vez tiñamos isto, creouse un evento. As persoas que o integramos somos Carlos Alves, Raquel Covelo, Andrea Montenegro e eu.
2.As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?
          Tivemos algunhas dificultades para atopar vivenda, xa que eran moi custosas. Unha vez a atopamos, xurdiu un novo problema, que ao tratar de ver no mapa o rueiro de Teahupoo, o lugar onde está situada a nosa casa, non había, é dicir, só aparecen as estradas principais, polo que a nosa casa non aparece, só na visión aérea. Aquí foi bastante doado atopar a casa, dado que é octogonal, e non é moi común.
3.Qu’est-ce que tu as appris grâce à cette tâche?
          Con esta tarefa aprendín a manexarme mellor co prezi, que xa o usara antes, que a Polinesia Francesa está formada po varias illas, sendo a máis famosa de todas Bora Bora e por último novas palabras que se refiren á casa e algo de pronunciación.
4.Quel est ton avis général sur la tâche? 
          Paréceme que esta actividade é moi interesante xa que a través dela desenvólvense varias competecias, as que máis dixital e lingüística, ademais, aprendemos que o francés fálase en máis lugares dos que pensabamos.

domingo, 23 de febrero de 2014

Mónica chega á Terra!

            Tras un mes de clase, xa estou ubicada na materia, máis vale tarde que nunca. :D
          A primeira Tâche resultoume moi complicada, a segunda menos, quizais porque foi en parellas, e dá algo máis de seguridade. 
          Hoxe foi a presentación da tâche trois, "Un petit chez soi" a min pareceume xenial a idea e teño moitas ganas de comezar a traballar co grupo acerca dos contidos, aprender cousas novas á vez que gozamos buscando decoración e vivenda.

miércoles, 19 de febrero de 2014

Mon film préférer

       

          Esta película francesa estreada no ano 2001 encántame realmente!! Polo que esta é a razón de que á persoa que describín se chame así.
          Amelie é unha rapaza francesa que debido á súa familia e ao ambiente que a rodea, prefire botar a voar a súa imaxinación, polo menos mentras vive na casa xunto con seu pai. Un home con conductas extrañas e antisociais.
          Ela goza con pequenas cousas, como meter a man en sacos con legumes, adiviñar cantas persoas estarán tendo un orgasmo ou tirar pedras á canle Saint Martin.


          É unha película moi diferente ás americanas, que soe ser ao que se está acostumada, pero polo menos a min deixame con moi boa sensación. para todas aquelas persoas que non a viran recomendolla encarecidamente! :D Deixovos aquí a ligazón do trailer!



domingo, 16 de febrero de 2014

Tâche 2: Le portrait d´un inconnu



Aquí vos deixo a tâche 2, que fixen xunto co meu compañeiro Carlos Alves.

Comment t´es- tu organisèe pour réaliser cette tâche?

          En primeiro lugar, busquei unha persoa coa que facer a actividade, logo, pensei en unha persoa, non moi corrente e mesmo algo caricaturesca, xa que me parecía que para a persoa que tivera que debuxar, se era unha persoa real, podía ser máis complicado.
As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?

          As maiores dificultades foron, por unha banda, a pronunciación xa que polo feito de non ser para min molesteime en que estivese medianamente aceptable, fixen o que puiden, espero que non saia moi perxudicado. E por outra, el fixo unha persoa famosa, e supúxome moita presión, xa que se non se recoñece, o traballo non está ben.

Qu´est-ce que tu as appris grâce à cette tâche?

          Grazas a esta tarefa aprendín moitas palabas novas, e a describir algo, aínda que creo que me queda moito por aprender, xa que a descripción é moi simple.
Quel est ton avis général sur la tâche?
         Esta actividade está moi ben para aprender vocabulario novo, para seguir practicando pronunciación e para traballar en equipo.

viernes, 31 de enero de 2014

Tâche 1. Cou-cou, c´est moi! C´est mon glog

Tâche 1. Cou- cou, c´est moi!


1. Comment t´es-tu organisée pour réaliser cette tâche?

          Para poder realizar as actividades comecei por indagar como se dicen en francés as palabras que precisaba, deste xeito, unha vez que tivera a información, só me quedaba buscar as fotos e ir probando as diferentes posibilidades que ofrece o programa. Neste aspecto foi rápido, xa que me foi bastante sinxelo a causa de que se podía poñer calquera información.
          Pola contra, para facer o portfolio organiceime fatal, deixeino para o final e fun a trancas e barrancas.

2. As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?

         Si que tiven dificultades, principalmente á hora de realizar o portfolio, agobieime un montón e non era capaz de facer como tiña pensado, ademais non era capaz de insertar o glog :( , e iso que xa empregara antes este recurso.

3. Qu´est-ce que tu as appris grâce à cette tâche?

          Mediante esta tarefa aprendín, ou recordei como se dicen algunhas palabras en francés, intentando pronuncialas o mellor que puiden, así como a fuchicar nos programas que empregamos.

4. Quel est ton avis général sur la tâche?

          A miña opinión acerca da materia é que seguramente aprenderei un montón, pero que me custará horrores e que terei que traballar moitísimo.

C´est moi!

          Je m´apelle Mónica Fernández Cruces, j´ai 23 ans, ma date de naissance este le 23 janvier 1991. J´habite à Salceda de Caselas.

          J´habite avec mon père, ma mére, ma soeur, mon frère, ma grand- mère et ma chienne.
         
           J´adore les tortues et écouter de la musique, mais je n´en ai acune tortue.